jueves, 22 de enero de 2015

Descripción de personaxes

IRIS



Na mitoloxía grega, Iris era a filla de Taumante e de Electra (filla de Océano);Taumante era fillo do Mar (Punto) e da Terra (Gaia), e Electra era unha das oceanidades, as fillas de Océano e Tétis. Iris está casada con Éolo. 
Era a personificación do arco-iris e mensaxeira dos deuses. Como o arco-iris para unir a Terra e o ceo. Iris é a mensaxeira dos deuses para os seres humanos
Iris é representada como unha virxen con ás de ouro, que se move coa leveza do vento dun lado para outro do mundo, nas profundidades dos océanos e no mundo subterráneo (Hades). Ela é especialmente a mensaxeira de Hedra, e está asociada con Hermes.
Non era unha deusa considerada mala a pesar de que nas  historias axudaba a  Hedra xunto con Loucura a acabar coa familia de Hércules.
 





DESCRICIÓN:

Xoven virxen, de mediana estatura e veloz.
Tiña uns cabelos longos e rizados dunha cor castaña, ollos verdes como a herba, un nariz pequeno, boca pequena con labios finos e curvos, tiña uns longos e finos  brazos e unas pernas pequeniñas, o pe non era moi grande, levaba un longo vestido amarelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario