Estou nun sendeiro no que fai moito frío e que está nevado, ten moitas rochas xeadas, a miña dereita teño un terraplén que baixa a un pobo que aparenta abandoado, a miña esquerda teño un precipicio moi rochoso polo que cae un río, este está xeado, poderíase patinar nel, polo tanto non hai peixes, o río fai unha curva que rodea o bosque, para chegar ó bosque tes que cruzar unha vella ponte de pedra que cruza o río.
O bosque é grande e moi húmido, está repleto de varios tipos de árbores: Abetos, Piñeiros, Cedros e mais, nos que viven algúns animais como os Esquíos, Mapaches, Paxaros..., o chán está repleto de follas e pegadas de animais, por exemplo Xabarís e Cervos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario