LINGUA GALEGA 1º ESO
A DESCRICIÓN
DEFINICIÓN : A descrición consiste en explicar, de forma detallada e ordenada, como é un ser, obxecto, lugar ou fenómeno do mundo real ou imaxinario, presentando os seus trazos característicos para dar unha idea fiel deles. Implica a enumeración das partes que compoñen o elemento que se vai describir, a mención das súas características e a súa situación no espazo.
TIPOS DE DESCRICIÓN :
Descrición obxectiva: Infórmase do descrito con precisión, axustándose á realidade e sen realizar valoracións persoais, facendo unha enumeración precisa dos elementos e das súas características, usando un vocabulario obxectivo e eliminando o uso de recursos estilísticos.
Descrición subxectiva: Infórmase do descrito introducindo as sensacións, emocións e sentimentos de quen describe, coa pretensión de idealizar, de formar ou transmitir as impresións producidas no emisor. O vocabulario que se utiliza non é obxectivo e poténciase o uso de recursos estilísticos.
Descrición literaria: O autor/a transmite a súa maneira persoal de ver as cousas mediante un punto de vista subxectivo, e ademais utiliza abundantes recursos literarios.
Descrición científica ou técnica: Exprésanse de maneira obxectiva e coa maior exactitude e claridade posible as características do que se quere describir
Descrición xornalística: Presentase a descripción de sucesos con finalidade informativa.
Descrición de persoas: Cando describirmos persoas podemos centrarnos no seu aspecto físico (Prosopografía), en cuestións do tipo moral ou psicolóxico (Etopea) ou facer ambas cousas a un tempo (Retrato). Se a descrición se fai deformando ou esaxerando as características do personaxe, falamos de caricatura.
Descrición de lugares (Topografía). Expecificar como son aparentemente
Descrición de obxectos ou animais (Zoografía). Mencionar as suas características principais.
Descrición dun período de tempo caracterizando os elementos sociais e culturais dese período (Cronografía). Expresar se e pasado, presente e futuro, a duración, época e lugar.
Descrición de realidades abstractas. Exaxerar os feitos, e ter un sentido figurado.
CARACTERÍSTICAS DOS TEXTOS DESCRITIVOS :
Nos textos descritivos son abundantes os substantivos que designan as cousas e os obxectos da realidade, e tamén os adxectivos, que explican como son eses obxectos. A comparación é un recurso que aparece con frecuencia nos textos descritivos. Outro aspecto relevante é a correcta utilización dos signos de puntuación.
Toda descrición se realiza seguindo unha orde determinada: Para indicar esa orde úsanse os conectadores.
Abundan os verbos copulativos, dependendo do tipo de descrición, son o presente e o copretérito. A sintaxe é sinxela, con predominio da coordinación.
COMO SE FAI A DESCRICIÓN DE PERSOAS :
Seleccionar os trazos que máis destacan.
Seguir unha orde na presentación dos elementos.
Comezar a escribir.
Pararse nas cuestións lingüísticas:
Uso de substantivos precisos modificados por adxectivos ou frases.
Procurar usar metáforas e comparacións para aclarar mellor. Tamén se poden usar hipérboles e personificacións.
Pulir as cuestións lingüísticas
COMO SE FAI A DESCRICIÓN DE ESPAZOS :
Saber que vais describir:
PREPARAMOS AS NOSAS DESCRICIÓNS :
Pensamos nas personaxes que temos que definir; nun primeiro momento, expoñemos as ideas do grupo, poñémolas en común e chegamos a un acordo do que queremos facer.
Recordade que se trata dunha descrición literaria, polo que debedes ofrecer unha visión subxectiva da personaxe, co obxectivo de provocar en quen a lea sensacións que lle permitan percibir a súa esencia.
Seleccionade a información e empregade os recursos literarios que consideredes oportunos.