Ola. Estamos aquí para contar máis detaxadamente a nosa historia
Esta historia comeza cando Légolas, o famoso trasno, e Destroier compiten por salvar ou destruír o campo das flores. A esta loita xuntáselles Susi a exploradora ao escoitar a historia do campo das flores que podería ser un precioso e caro resort de vacacións.
Destroier comeza antes que todos os demais pero o que el non sabe e que todos os tarsgos do campo das flores, é dicir o pobo enteiro de Légolas e só a dar o primeiro paso xa encontrou o primeiro obstáculo este non era intencionado se non que de súpeto atopouse cun gran acantilado mentres este pensaba como facelo... Légolas e Susi avanzan ademais que os diferentes opositores preparan as súas argalladuras.
Pola outra banda Susi estivo estudando o mellor camiño para chegar. Ela sae de última pero o estudar durante tres quendas o seu camiño chegara con menos dificultades. Aínda que ela tamén terá que realizar o seu informe polo tanto será mellor que chegue antes non vaia ser que Destroier acabe co campo das flores antes de que o resort póñase en funcionamento. Pero non pensedes que non atopara dificultades, os saqueadores, os vandidos, e os diferentes animais farán o xogo divertido buaajajajaja.
Légolas mentres tanto reúne os trasgos e dilles que fagan de espías para poder controlar os seus contrincantes así, poderá ter o comodín de facer dúas trampas para relentizar o camiño dos demais pero a de Susi debera ser máis simple, dado que o seu camiño e mellor e é complicado poñer trampas complexas. Este tamén sufrira danos polos bandidos etc. Pero sobre todo sufrirá danos morais dado que moitos dos seus compañeiros falecerán pola súa causa ademais de que se calquera dos seus inimigos gaña a partida para el o dano sera moito maior.
O desenlace depende dos xogadores así que... ÁNIMO
Prometedor...
ResponderEliminar